20091107

Trafic

Trafic estase a celebrar estes días en Barcelona. Así o definen os seus organizadores, o Centro de Fotografía Documental de Barcelona:
TRAFIC’09 es una iniciativa del Centro de Fotografía Documental de Barcelona
y quiere ser una concentración de experiencias alrededor de la fotografía documental para poner en contacto al público con la realidad filtrada por la mirada de diferentes autores y narrada en clave de opinión y compromiso, añadiendo a los otros acontecimientos fotográficos su vocación participativa.
Conferencias, debates, presentación de nuevos formatos para la difusión de la fotografía, proyectos pedagógicos en las escuelas, la presencia de autores de la fotografía nacional (Pomés, Colita y Maury) y de nuevos valores emergentes, visionado de portfolios... siempre con la finalidad de estimular a los ciudadanos a conocer y reflexionar a partir del su entorno vital y social y reflexionar, a través de imágenes documentales, estéticas y comprometidas.
Del 3 al 7 de noviembre tendrán lugar los ya tradicionales Talleres de Fotografía Documental que en esta ocasión serán organizados por MAGNUM WORKSHOP en el CCCB y en la sede del Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya, y que contarán con la presencia en Barcelona de seis miembros destacados de esta prestigiosa agencia para impartir los talleres y las conferencias: Bruce Gilden, Chien-Chi Chang, Carl De Keyzer, Chris Steele-Perkins, Mark Power y Antoine D’Agata. Una experiencia que será compartida con todo el público a las sesiones de proyecciones y debate (con entrada libre).

Ainda que para este ano esta información xa chega tarde, pode ser interesante anotar as datas para a vindeira edición.

Galicia noutro tempo

A mostra da fotógrafa Ruth Matilda Anderson (1893-1983) sobre a Galicia de primeiros do século XX pódese ver na Fundación Caixa Galicia de A Coruña, ata o 28 de febreiro do 2010. Esta fotógrafa, membro da Hispanic Society of America en Nueva York, percorreu Galicia coa sua cámara entre 1924 e 1926. Son imaxes impactantes, de gran calidade, e tamén moi novedosas. Non se coñece un arquivo igual deses tempos.

Autorretratos

Un amigo, Mario, envíame unha páxina con 20 autorretratos de fotógrafos. Algunhas son imaxes xa coñecidas, outras coma esta de Diane Arbus non tanto. Por certo, a mostra sobre o grupo de Bostón que está no CGAC en Santiago, e na que hai fotos de Arbus, é excelente. Non se pode deixar pasar sen vela.

Unha colección de libros de foto

Dobladillos de canela y tinta china é un proxecto que xa vai polo seu segundo volume. Consiste nun pequeno libro que fai un fotógrafo e que está dispoñible na rede para que se poida descargar, imprimir e coleccioar. Unha moi boa idea detrás da que está Laura Covarsí, fotógrafa. O número 2 de Dobladillos é de Pablo López, un excelente autor que podedes atopar noutras entradas deste blog.

Gervasio Sánchez, Premio Nacional de Fotografía

O fotógrafo Gervasio Sánchez é o novo Premio Nacional de Fotografía, galardón a toda unha traxectoria profesional que ademais está dotado con 30.000 €. É a primeira vez que se concede a un Fotoxornalista. Gervasio Sánchez leva anos traballando en zoas en conflicto, ten varios libros publicados entre eles "Vidas minadas" e organiza cada ano os encontros de fotografía de Albarracín, en Teruel.

20091105

Estreas de cine

O Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense proxectarán tres filmes dentro do seu novo ciclo Estreas en Versión Orixinal. As proxeccións son os mércores 4, 18 e 25 de novembro. Toda a información está na web do cineclube. É un bon xeito de continuar vendo bon cine tras o festival OUFF.

20091104

Inauguración de Purificación García

Mañá xoves 5 de Novembro, ás 20:15 horas, inaugurase no Centro Cultural da Deputación de Ourense (Edificio Simeón, C/ Progreso, 30) a exposición das obras seleccionadas do Concurso de Fotografía Purificación García 2009, coa presenza da deseñadora. Carlos Irijalba, Carlos Sanva e Mónica Fuster foron os ganadores dos premios da VII Edición do Concurso de Fotografía Purificación García.

20091102

FotoPres

O certame FotoPres 2009 que organiza a Obra Social da Fundación La Caixa en Barcelona, concedeu o primeiro premio o fotógrafo Emilio Morenatti polo seu traballo sobre a violencia de xénero en Pakistán, feito en 2008. Hai outros traballos salientables que se poden ver na web da Fundación. Se vos lembrades, a primeiros de setembro este fotógrafo sufriu un accidente que a piques estivo de costarlle a vida, cando traballaba en Afganistán. É un excelente fotógrafo, que parece que xa casi está reposto (ainda que perdeu un pé).

Unha película de 5 minutos que da moito que pensar

Ricard Terré

O pasado xoves 29 de outubro morreu en Vigo o fotógrafo Ricard Terré. Deixa unha obra moi ligada a renovación da fotografía española que supuxo o grupo AFAL de Almería, e cercana nalgúns puntos a de Carlos Pérez Siquier, Xavier Miserachs ou Ramón Masats. Entre os anos 60 e os 80, vinte anos, deixa casi por completo a fotografía, para voltar despois. O carnaval, a infancia e tamén a morte son tres dos temas que a sua filla, Laura Terré (Directora do Centro de Fotografía Documental de Barcelona) destaca na obra do seu pai.

De Evan

No blog e na galería de imaxes de Natalia de Evan podedes ver algunhas das imaxes de esta fotografa que está a estudar na Antonio Faílde de Ourense.

Escribir coa luz

No novo blog de Noemí Álvarez, alumna da escola, podedes ver algunhas imaxes moi interesantes coa técnica de dibuxar cunha luz puntual sobre a cámara. Tamén hai enlaces con videos de internet nos que se desenrola esta maneira de traballar.

20091027

Fotógrafo de Natureza

O fotógrafo José Luis Rodríguez ven de recibir o Premio Wildlife Photographer of the Year na edición deste ano e na categoría de Retratos de Animais. Xa fixemos outra entrada neste blog sobre as fotos tan espectaculares e traballadas desde autor. Boa parte delas están feitas pola noite axudándose dunha barreira de raios infrarroxos que son os que detectan o lobo.
Parte da sua web está en reformas. A partir do 10 de novembro dí que estará operativa en todalas suas seccións.

20091026

Le Fresnoy, a outra Bauhaus

Le Fresnoy é un centro artístico de formación e práctica audiovisual de alta calidade, situado en Tourcoing, no norte de Francia. É un centro de referencia a nivel mundial, que mezcla o concepto dunha escola de arte cun centro de producción profesional para obras concretas o tempo que exerce de centro cultural. O habitual é que profesores e alumnos xóvenes traballen no centro durante un ano para desenrolar un proxecto concreto no eido do cine, a fotografía ou os novos media. É coñecido como unha nova Bauhaus.

O noso fotógrafo decisivo

Koldo Chamorro é o noso fotógrafo decisivo. Este é un enlace a un texto igual de intenso que de xusto, que o fotógrafo Clemente Bernad ven de escribir sobre o seu mestre Koldo Chamorro. Recomendo a todo o mundo a sua lectura.

20091025

A web de Brais Lorenzo

Brais Lorenzo é un fotógrafo galego que está a completar os seus estudos na Escola de Ourense. Traballa sobre todo no terreo da fotografía documental e na sua web pódense ver traballos feitos dentro e fora do noso país. Unha ollada intensa e comprometida en construcción.

Little People

O proxecto Little People in the city do fotógrafo londinense Slinkachu consiste en fotografiar eses pequenos monecos que distribue pola cidade, para recoller esceas dunha aparente normalidade só que a outra escala. A web e sobre todo o blog son excelentes. Para visitar despacio, porque ademias de cada escea fotografiada pódese ver logo outra imaxe na que se comprende a escala dos monecos.

O círculo vicioso das chapas

Unha proposta gráfica curiosa, coidada e ben interesante. Un exemplo de cando alguén descobre un oco no entramado do mercado gráfico e o enche de propostas persoais. Chámase Círculo Vicioso e a persoa que o impulsa é Ceferino López. El mismo dí na páxina de inicio da sua web:

A lo largo de la historia han existido personas que han dedicado su vida a estudiar fenómenos y cosas aparentemente sin ninguna importancia.
De sus conclusiones nacieron cambios fundamentales para la humanidad. Darwin, por ejemplo, dedicó años a estudiar las costumbres de las lombrices de tierra.
Yo trabajo todos los días para descubrir posibilidades expresivas del mundo de las chapas, en sus versiones de alfiler, iman o espejo.
Esto me ha convertido en una especie de raro editor que publica obra plástica en soportes no convencionales.
No voy a cambiar la humanidad con este esfuerzo, sólo deseo hacerla un poquito más agradable y compartirlo contigo.

Jalaka

Oscar Pinal, alumno da escola ten aberto o seu blog Jalaka. Nel atópanse desde reflexións técnicas sobre o color dixital ata un diario en imaxes. Estaría ben que ese caderno seguese medrando.

20091019

w3art

w3art é o enderezo da que seguramente é a comunidade artística mais grande en internet. Teñen información actualizada e poden enviala de xeito sistemático o correo electrónico, entre outros servizos.

Cursos de Matías Costa, Chema Conesa e Luis de Alas

Tres talleres importantes sobre fotografía en Vitoria, organizados por KREA Expresión Contemporánea. O fotógrafo Matías Costa impartirá o seu taller "Desenrolo completo dun proxecto fotográfico" o 28, 29 e 30 de outubro. O editor Chema Conesa dará un curso titulado "Cómo editar e seleccioar un traballo fotográfico" o 2, 3 e 4 de novembro. Por último, o fotógrafo Luis de las Alas impartirá un taller sobre iluminación o 9, 1o e 11 de novembro.

O arquivo do World Press Photo

Desde fai algo mais dun mes o World Press Photo ten colgado na sua web o arquivo de imaxes as que lle foi concedido este premio. Román mandoume o enderezo, que xa tiña pendente de engadir. Queda tamén feito o enlace no apartado de "Páxinas de ou sobre fotógrafos".

20091017

Koldo, a luz dun home

Koldo Chamorro, fotógrafo, unha persoa maravillosa. Koldo morreu onte, 16 de outubro. Soupeno por unha chamada de teléfono. Ainda non o creo. Tiña 60 anos. Era un home dunha calidade excepcioal, difícil, cheo de intensidade. Sempre estaba nalgún viaxe ou a piques de empezar outro, viaxes por todo o mundo, tamen polo seu maxín. Vivira moito tempo en Africa e levaba traballando tamen tempo en varios paises da América Latina. Era áxil, intuitivo, imprevisible, cun profundo coñecemento da luz e dos seus símbolos. Un excelente profesor, que recomendaba libros que nunca esquecín. Un autor cunha obra densa e de gran importancia, por exemplo as suas series da "España Mágica". Unha persoa que sempre estará aquí con nós.

20091015

Demasiado Photoshop

Foiselles a man coa modelo Filippa Hamilton. E se non, pódese comparar a figura da modelo e a dereita o seu corpo deformado, mais que retocado. Nestes últimos tempos empeza a xurdir un movemento que denuncia o exceso do retoque fotográfico. Algo interesante. Por exemplo as tres portadas para Elle que fixo Peter Lindberg sen retoque dixital.
Continua o "culebrón", porque agora sábese que o retoque consistiu en superpoñer a cara de Filippa enriba do corpo doutra modelo casi anoréxica.

The Big Pictures

The Big Pictures é unha páxina web con esas imaxes que son como caramelos visuais. Compre coñecelas, ollalas e despois que cada un decida se continua a facer estas mesmas fotografías ou tenta buscar outras cousas.

20091014

Arles, un bo lugar para seguer estudando

En Arles, no sur de Francia, está unha das escolas de fotografía con mais prestixio. Ademais, alí teñen lugar no vrao os Rencontres Photographiques, que case foron os primeiros de Europa. É un bon destino para seguer estudando fotografía.

Emergent-Lleida

A vindeira semana comenza en Lleida o festival Emergent-Lleida, Festival Internacional de Fotografía e Artes Visuais. Ten unha programación moi completa, na que destaca entre outros un taller que dirixirá Joan Fontcuberta e no que participan tamén Joachin Schmid e Lynne Cohen. Haberá actividades o longo de outubro e novembro.

Seguemos a traballar no OUFF

Os alumnos e alumnas de 2º de Foto seguen a facer fotos todolos días no OUFF, Festival de Cine Internacional de Ourense. E hoxe, antes de volver o traballo fixémonos unha foto de grupo (ainda que faltan dous integrantes, que hoxe non podían estar). As imaxes de cada xornada podense ver en ouffenfotos09.

Yann Orhan

Yann Orhan é un fotógrafo francés moi novo que ven do mundo da gráfica, no que ademais segue traballando. A páxina web é unha maravilla e axuda a entender moi ben o seu traballo. Descobrino nun blog que sempre recomendo: "cien ojos".

20091012

Nobel de Física 2009 para os inventores do CCD

O premio Nobel de Física 2009 ven de ser concedido os científicos americanos Willard S. Boyle e Georges E. Smith, compartido co británico-estadounidense Charles K. Kao. A razón son os estudos que fixeron sobre o envío de información o traverso da fibra óptica. Como reflexan os diarios, en 1969 Boyle e Smith inventaron unha nova tecnoloxía de imaxen: o CCD (Charge-Coupled Device), un aparello que transforma a luz en señais eléctricas. Ainda que o principio o CCD pensouse para o almacenamento de información, os seus xefes nos laboratorios Bell pronto decidiron aplicar o descobremento a unha cámara dixital de video. Ese foi o comenzo da actual fotografía dixital.